O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades está encargado de promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos.
Anúnciase a convocatoria de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades por orde do 31 de decembro de 2011. Máis información na sección de Bolsas.
O Centro Ramón Piñeiro é membro de "Medioevo Europeo" COST Action IS1005 (Medieval Cultures and Technological Resources), unha acción soportada por COST (European Cooperation in Science and Technology), dentro do 7 Programa Marco da UE, e xestionada pola ESF (European Science Foundation) que actúa de axente executor, e asume a súa secretaría científica. [Medioevo Europeo].
Publicado o número 12 dos Cadernos de Fraseoloxía Galega dispoñible ao completo e por artigos en [CFG].
Nova versión 2.3 que permite a consulta das notas no campo documento.
Actualización de ficheiros adicionais de "Signos, abreviaturas e acrónimos utilizados", de "Publicacións periódicas citadas", e de "BILEGA en cifras". [BILEGA].